Do 28-08-2024 ao 30-08-2024
O Concello de Vimianzo ten un total de 619.191,19€ en obras en proceso de licitación, é dicir, obras das que se iniciou o expediente de contratación e que se sacan a licitación pública.
Foron aprobadas na xuntanza da Xunta de Goberno Local do pasado día 20 de maio.
Trátase fundamentalmente de obras de mellora e arranxo da pavimentación de distintas pistas de propiedade municipal.