Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-05-2019

O Concello de Vimianzo aproba a adquisición de terreos para a construción dunha praza pública en Carantoña

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vimianzo aprobou na súa sesión de onte o acordo para a compra de terreos para a construción dunha paraza pública en Carantoña.

O importe destinado a esta compra é de 22200€. Mercaranse ao redor de 20 fincas que xa están apalabradas cos seus e súas propietarias.

Logo deste acordo só queda pendente a sinatura dos documentos de compravenda que se levará a cabo nos vindeiros días.

Os terreos escollidos sitúanse ao carón da igrexa parroquial de Carantoña e a praza terá unha dobre función de lugar de esparcimento e de aparcadoiro, similar ao que se construíu na veciña parroquia de Cereixo.

Este novo espazo permitirá que os vehículos teñan un espazo adecuado para aparcar cando se desenvolvan actividades ás que acuda un grande número de persoas como funerais, enterros ou misas e tamén permitirá que a parroquia conte cun espazo adecuado para a celebración de festas ou outro tipo de actividades.

Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo, mostra a súa satisfacción por ter acadado a compra destes terreos, xa que a distribución da propiedade na parroquia fai que para a compra dos terreos necesarios para a construción da praza houbo que negociar cun elevado número de propietarias e propietarios, que en todo momento mostraron a súa boa disposición para a venda das súas propiedades xa que eran conscientes da importancia da construción desta infraestrutura tan necesaria para a parroquia.

Esta era unha infraestrutura moi necesaria e moi demandada pola veciñanza que Antelo cualifica como de moi importante par a parroquia, pois por unha banda dotará a Carantoña dunha infraestrutura para a celebración de festas e eventos adaptada aos tempos e, por outra, ao poder ser utilizada como aparcadoiro cumpre unha función fundamental para a seguridade vial xa que se evita que en momentos de grande concentración de vehículos, estes aparquen nas marxes da estrada co conseguinte perigo para a circulación.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X