Do 28-08-2024 ao 30-08-2024
Centos de persoas xuntáronse na tardiña do mércores en Vimianzo secundando a mobilización convocada polo Concello de Vimianzo.
O obxectivo desta mobilización era mostrar o apoio e a solidariedade da cidadanía á veciña Montse López Mosquera, vítima dunha agresión machista na mañá do mércores e tamén acompañar á súa familia nestes duros momentos.
O alcalde, Manuel Antelo, leu un texto no que pediu que se respecte a intimidade da vítima e da súa familia nestes duros momentos e esixiulle ás institucións que poñan todos os medios necesarios para rematar, dunha vez por todas, con esta lacra que avergoña a nosa sociedade e mostrou a solidariedade do pobo de vimianzo para coa vítima e coa súa familia.