Concello de Vimianzo
27 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

15-05-2019

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE VIMIANZO ANTE O ACTO DE VIOLENCIA MACHISTA OCORRIDO NA NOSA VILA NO DÍA DE HOXE

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE VIMIANZO ANTE O ACTO DE VIOLENCIA MACHISTA OCORRIDO NA NOSA VILA NO DÍA DE HOXE

A Corporación municipal de Vimianzo, diante do atentado machista cometido esta mañá contra a nosa veciña Montse López Mosquera,

MANIFESTA:

A súa solidariedade absoluta coa vítima e con toda a súa familia, poñéndonos á súa disposición en todo momento e respectando a súa intimidade nestes duros momentos que están a vivir.

Sumámonos a súa dor e agardamos que o desenlace sexan boas novas.

Mostramos a nosa repulsa á agresión cometida no día de hoxe así como a calquera outra actitude ou manifestación machista, que son o xermolo desta violencia.

Esiximos que, por parte das institucións, se poñan todos os medios necesarios para rematar, dunha vez por todas, coa lacra do machismo.

Facemos un chamamento ao pobo de Vimianzo a sumarse a concentración que se desenvolverá, en repulsa polo atentado machista e en solidariedade coa vítima e a súa familia, hoxe día 15 ás 20:00 h na Praza do Concello, baixo o berro de: Machismo Nunca Máis,

Desexamos transmitirlle tanto á vítima como a súa familia todo o cariño da Corporación municipal de Vimianzo e do pobo de Vimianzo para con eles.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X