Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo do Concello de Vimianzo, Servicios dos concellos galegos, presentou na mañá de hoxe o novo camión que dará servizo ao municipio.O camión tivo un custo de preto de 250.000€
Trátase dun camión marca Renault cunha carga útil de máis de 12000 kg dotado das últimas medidas anticontaminación (EuroVI) e das últimas medidas de seguridade no traballo como asistente de mantemento de carril, sensor antiempotramento, freo de emerxencia ou estribos con sensor de peso para que cando a persoa operaria vaia encima do estribo o camión non poida circular a máis de 30 km/h nin dar marcha atrás.
Ademáis vai dotado dun sistemaque permite que os colectores se recollan máis rapidamente, cunha media estimada de 8 segundos en subir e baixar.
Con este vehículo son 5 os que, de maneira habitual, emprega a concesionaria da recollida no Concello de Vimianzo. Ademáis hai que ter en conta os empregados para recollidas especiais como papel e cartón, vidro ou o que presta o servizo de Punto Limpo móbil.
Para o alcalde, Manuel Antelo, a incorporación ao servizo deste novo camión é un motivo de satisfacción xa que, por unha banda aumentará a eficiencia do servizo de recollida de lixo ao tempo que se mellora a seguridade das persoas operarias e, por outra se dota ao Concello dun vehículo que reducirá dunha maneira moi salientable a emisión de CO2 a atmosfera.
Na fotografía que se xunta aparecen Santiago Barbeito e Francisco Alonso, de Servicios dos concellos galegos e Marta Rei e Manuel Antelo do Concello de Vimianzo.