Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo asinou recentemente contratos de obras por un total de 280,242,86€.
A construción de beirarrúas e saneamento en Pasarela custa un total de 82111,28€. Esta é unha obraque ademais adecenta os accesos a A Calabanda.
A construción da última fase da Pista do Galo en Vimianzo está dotada cun orzamento de 125494,02€. Coa remodelación deste tramo de vía remata a mellora do vial que une A Ponterroda e A Gándara.
A construción do saneamento en Vilaseco ten un custe de 72643,56€.
O alcalde, Manuel Antelo, cualifica a realización destas obras como moi importantes, xa que dotarán de saneamento a dous núcleos importantes que até o de agora carecían del, o remate da Pista do Galo fai realidade a mellora e a urbanización dunha zona da vila de Vimianzo cunha enorme potencialidade e, o máis salientable, que dan resposta a demandas veciñais pois tanto a mellora da Pista do Galo como os saneamentos de Pasarela e de Vilaseco eran obras moi demandadas pola veciñanza.