Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-05-2019

Vimianzo leva o seu patrimonio á Feira Ibérica de Turismo

Durante os próximos días vaise celebrar no municipio portugués da Guarda a Feira Ibérica de Turismo, un encontro para os axentes turísticos da Península Ibérica e no que a Deputación da Coruña actuará coma convidada de honra.

É por iso que nesta edición varios dos destinos provinciais cobrarán maior protagonismo, amosándolle ao público portugués e español a potencialidade dos seus recursos turísticos.

O caso vimiancés saltará á escea da feira o xoves 2 de maio ás 19 horas, co showcooking a cargo de Jorge Guitián, explicando a relevancia dos pinchos irmandiños e das características gastronómicas do evento. O complemento a esta degustación chegará ao día seguinte, o venres 3, cando ás 17 horas a sala principal do FIT coñecerá a estratexia turística vimiancesa, a súa aposta polo patrimonio en mans públicas e o modo de compatibilizar unha oferta turística viva con políticas destinadas á protección e valorización do patrimonio.

Partindo do exemplo do Asalto ao Castelo, todos os que se acheguen ata o recinto poderán coñecer polo miúdo os segredos da Ruta dos Dolmens, o Castelo de Vimianzo e a mostra de artesanía ao vivo ou dos Batáns do Mosquetín.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X