Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Unha das principais bases económicas do concello de Vimianzo é o agro e a gandería, por iso a concellería de Medio Rural se preocupa en dar a mellor formación e información ao sector agro-gandeiro. Empeza con un programa de catro xornadas técnicas de dúas horas de duración que se levará a cabo un día á semana. A primeira xornada será o xoves día 9 de febreiro e o técnico da cooperativa agraria provincial , Xesús Otero Antelo, flará sobre a xestión económica e os custes de produción das explotacións agro-gandeiras. A seguinte sesión, o 16 de febreiro, Xavier López Vila, veterinario de Seragro, falará sobre a alimentación do gando. O 23 de febreiro o tema a tratar será a reprodución animal da man de Albino Iglesias Varela, veterinario de Agrosoneira. O último día será o luns 5 de marzo e Xabier Bermúdez Salgueiro falará sobre a memaite e a calidade do leite no gando vacún.
As xornadas son gratuitas e non é necesaria inscrición previa, abonda con achegarse no día indicado, de 11.30 a 13.30 da mañá, á Casa da Cultura.