Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A Vía Mariana é un proxecto luso-galaico que vertebra os grandes santuarios marianos entre a cidade de Braga e a localidade de Muxía. En moitos casos estes santuarios son a cristianización de cultos ancestrais con milenios de antigüidade.
A Asociación Baíñas no Camiño e a Asociación de Berdoias forman parte do proxecto xunto co Concello de Vimianzo.
Esta ruta, que discorre por camiños medievais da antiga Gallaecia, ten un enorme potencial, pois os camiñantes que buscan este tipo de roteiros relixiosos, panteístas, culturais e históricos van en aumento.
O mesmo sábado, ás 17,00h na antiga escola de Berdoias José Antonio de la Riera terá un encontro coa veciñanza para explicarlles a importancia da ruta e as potencialidades que presenta o seu paso pola parroquia de Berdoias.
Tamén o sábado, ás 19,30h no Auditorio do Centro Sociocultural de Baíñas, terá lugar a presentación oficial da Vía Mariana. O acto contará coas actuacións do grupo de gaitas Trubisquiñas e os dous grupos das Pandereteiras de Baíñas, ademáis da actuación da cantante baiñana Balbina Rodríguez. Intervirán representantes da Asociación Vía Mariana, da Asociación Baíñas no Camiño, da Asociación de veciños de Berdoias e Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo, en representación do Concello.
Este acto no Centro sociocultural de Baíñas servirá tamén para que a veciñanza coñeza as novas instalacións deste equipamento cultural despois de que o Goberno local de Vimianzo o sometera a unha profunda remodelación.