Concello de Vimianzo
3 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

02-04-2019

Programa de benestar a través da talasoterapia 2019 (XUNTA DE GALICIA)

Normativa

Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento dentro do programa de Benestar a través de talasoterapia 2019 e se realiza a súa convocatoria. (DOG nº 64 do 2/4/2019) BS607B

Díptico 2019  | Cartel

 Obxecto

Ofertar 362 prazas para as estadías e os tratamentos dentro do programa de Benestar a través de talasoterapia 2019. Enténdese por talasoterapia o método terapéutico que se basea na utilización do medio mariño (auga de mar, algas, barro e outras sustancias extraídas do mar) e do clima como axente terapéutico.

O programa ten como finalidade facilitarlles ás persoas maiores o acceso a establecementos que ofertan talasoterapia en épocas en que a climatoloxía non permite gozar directamente dos beneficios das augas mariñas.

Persoas beneficiarias e requisitos

  1. Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  2. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
  4. Non padecer alteracións do comportamento que podan afectar á normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  5. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos de talasoterapia.
  6. Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos talasos e quenda solicitada.

A persoa solicitante poderá ir acompañada:

  1. O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro.
  2. ) Dun fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos citados no número 1, agás o da letra a).
  3. Unha persoa coa que desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos citados no apartado 1.

As  persoas  solicitantes  terán  que  cumprir  os  requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitude

Quendas e prezos

As quendas, prezos e establecementos onde se desenvolverá o programa relaciónanse no anexo IV. A Consellería de Política Social contribuirá ao financiamento do prezo da estadía coa achega dun 31,08 % do custo da praza en cada talaso. O resto do importe ata completar o custo da praza será por conta da persoa beneficiaria, sen que proceda efectuar dedución ningunha se por calquera causa imputable á persoa beneficiaria do programa non goza da totalidade dos servizos.

As quendas teñen una duración de 6 días, con cinco noites cada unha, e comprenderán desde as catorce horas do día de chegada ata as doce horas do día de saída.

O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o mes de maio e o de novembro de 2019.

Servizos e prestacións que se inclúen

  1. Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
  2. Acceso diario ao circuíto mariño
  3. Póliza colectiva de seguro turístico

As persoas beneficiarias que estean interesadas en aloxarse en habitación individual, no caso de que houbese dispoñibilidade, teranse que facer cargo da diferenza do custo que supoña, e as que precisen dalgún tipo de apoio ou dieta especial terano que indicar no momento de presentar a solicitude e acreditalo ao incorporarse á quenda.

As persoas beneficiarias que estean interesadas en participar nas excursións ou actividades con custo adicional que organice o establecemento hoteleiro ou residencial terano que facer polos seus propios medios e ao seu cargo.

O desprazamento desde o domicilio ata o talaso, así como o de regreso, será por conta das persoas beneficiarias, sen prexuízo de que se poidan acoller ás facilidades para o transporte que oferte o establecemento, de ser o caso.

Documentación

Solicitude anexo I os anexos II e III, se procede, a seguinte documentación:

  1. Copia compulsada do pasaporte, se procede, relativa á persoa solicitante e, se fose o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.
  2. Copia do libro de familia da persoa solicitante no caso de que queira acudir ao programa acompañada dun fillo ou filla con discapacidade.
  3. Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, se o dito certificado non fose expedido pola Xunta de Galicia ou non estivese no poder desta.
  4. Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.
  5. Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira dalgunha atención especial (tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual...).

Prazo de presentación

Un mes desde o día seguinte á publicación da orde no DOG. Ata o 2 de maio de 2019.

Lugar de presentación

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Máis información

Dirección xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Subdirección xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia
Tlfno: 981 546737/ FAX: 981 545691;
correo electrónico: autonomiapersoal.sxps@xunta.gal
http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada-de-maiores

Teléfono Social: 900 333 666

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
28
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X