Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

07-03-2019

Unha delegación de Ballynahinch (Irlanda do Norte) visitou o Concello de Vimianzo

 O Concello de Vimianzo acolleu durante esta fin de semana aos representantes institucionais de Ballynahinch, pertencente á entidade local de Nerwy, Mourne and Down, de Irlanda do Norte, que realizaron unha visita institucional ao Concello e participaron no Encontro de baile e música celta que se desenvolveu o luns no Auditorio da Casa da Cultura.

A delegación norirlandesa estivo presidida por Mark Murnin, alcalde de Ballynahinch e composta por membros do tecido asociativo e cultural da zona. A relación coa entidade local de Nerwy, Mourne and Down xurdiu a raíz da participación desta xunto con Vimianzo no programa ERN4mob dedicado á emigración que culminou o pasado ano co congreso sobre a emigración que se desenvolveu en Vimianzo.

Esta visita institucional foi a resposta á visita dun grupo de música e baile tradicional das escolas culturais do concello de Vimianzo, para participar no Festival celta do Millbrook Lodge Hotel en Ballynahinch.

O luns desenvolveuse no auditorio da Casa da Cultura en Vimianzo un Encontro de baile e música celta no que participaron as escolas de baile e música tradicional da parroquia de Salto, Vimianzo e Pasarela. Ademais, durante o resto do tempo visitaron o castelo, os batáns, o castro das Barreiras, e outros puntos da Costa da Morte como Muxía de Fisterra.

O alcalde, Manuel Antelo, valora estes encontros como moi frutíferos e produtivos pois permiten o intercambio de impresións e coñecementos con persoas de distintos lugares que se enfrontan, nalgúns casos, a problemas similares aos nosos e tamén un intercambio cultural entre tradicións.

Poden acceder a fotografías do Encontro de baile e música celta premendo nesta ligazón.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X