Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Xa está chegando o entroido e desde o concello convocamos o tradicional concurso de disfraces para grupos e comparsas. Podes inscribirte na Casa da Cultura ata o vindeiro 17 de febreiro.
As comparsas e grupos que participen deberán participar tamén no pasarrúas que o concello organizou para a tarde do luns día 20 de febreiro. Unha vez rematado o desfile terá lugar o concurso na praza do concello. Os membros das comparsas deberán escenificar ante o xurado, composto por diferentes membros dos medios de comunicación da Costa da Morte, a actuación que teñen preparada (coplas, bailes ou represetacións). os membros do xurado escollerán a mellor comparsa, con un premio de 300 euros, e o mellor grupo, con unpremio de 150euros, en xeral e a mellor comparsa e o mellor grupo de Vimianzo con un premio de 200 e 100 euros respectivamente.
Consulta aquí as bases