21-02-2019
Solicitude de praza na escola infantil municipal "Os Vimianziños" para o curso 2019/2020
Dende o 1 ata o 31 de marzo de 2019, está aberto o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal "Os Vimianziños" para o vindeiro curso 2019-2020 que comezará o 1 de setembro de 2019.
Para obter información sobre a documentación que é necesario presentar, é aconsellable dirixirse directamente á Escola Infantil. Para unha mellor atención, recomendamos pedir cita previa chamando ao número de teléfono 607 381 507, enviando un correo electrónico a eim.osvimianzinos@gmail.com ou ben achegándose á propia Escola Infantil.
Neste enlace podes descargar o impreso de solicitude de praza 2019-2020
Descargas