Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O alcalde de Vimianzo acaba de aprobar a liquidación do exercicio económico 2018 con todos os parámetros resultantes positivos. Hai catro datos que destacan entre todos. O primeiro, a cancelación da débeda comercial municipal, que permite facer un uso dos recursos resultantes do Remanente de Tesouraría. O segundo dato é o Remanente líquido de Tesourería, é dicir, os recursos líquidos existentes por un valor de 2.314.196,04€. Estes recursos poderanse utilizar para gasto corrente e para o financiamento de investimentos. O terceiro dato é a estabilidade orzamentaria co resultado da existencia dun superávit de 1.559.636,84 €. Por último, o concello de Vimianzo cumpriu coa regra de gasto, o que significa estar libre de trabas legais para unha acción do goberno destinada a satisfacer as demandas veciñais.
O alcalde valora moi positivamente un exercicio que destacou polas dificultades de persoal no departamento de Intervención durante boa parte do ano. Isto veu dada pola baixa por maternidade da Interventora, que se incorporou durante o mes de xaneiro, e pola baixa doutra persoa. Isto deu lugar a que durante máis de seis meses o departamento estivese atendido por un só funcionario, e por unha interventora acumulada que acudía unha día á semana. “As dificultades deste ano non foron quen de condicionar a xestión económica do concello”, di o alcalde.
O resultado do exercicio, tras a aprobación da liquidación vai posibilitar a execución de investimentos por mais de 2 millóns de euros durante este ano. Este investimentos céntrase especialmente na mellora da pavimentación de diferentes estradas municipais, e do interior de algúns núcleos rurais. As actuacións faranse en todas as parroquias, e pretenden dar satisfacción ás demandas veciñais. Moitos deste investimentos están na fase de adxudicación e outros comezarán a licitarse de inmediato.
O alcalde de Vimianzo maniféstase satisfeito por acadar o obxectivo de ter un concello saneado economicamente, e con capacidade para atender os grandes retos do futuro, e dos veciños e veciñas. “ O concello de Vimianzo está gobernado para os veciños e veciñas, e cos feitos se demostra. Non podería ser doutro xeito”, di o alcalde.