Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo acaba de formalizar o contrato de nove traballadoras e traballadores contratados con fondos propios.
Seis persoasforon contratadas como albaneis ao abeiro dun Plan de emprego municipal. Estes albaneis encargaranse do desenvolvemento de pequenas obras e do mantementodas infraestruturas municipais.
Por outra banda contratáronse tres persoas para cubrir postos recollidos na Relación de postos de traballo: 2 operarios de servizos múltiples e un tractorista.
Para o alcalde, Manuel Antelo, estas contratacións demostran o interese e a capacidade do Concello como creador de emprego de calidade no municipio.
Para o alcalde estas contratacións son tamén moi importantes polos traballos que desenvolverán, consistentes en obras de pequeno orzamento, asumidas con fondos propios do Concello, pero demandadas pola veciñanza como entradas en fincas, canalizacións de augas, reparacións de beirarrúas, etc.
Os novos operarios tamén desenvolverán labores de mantemento de infraestruturasmunicipais como reparacións e pequenas reformas en escolas unitarias, locais parroquiais e outras instalacións municipais.