Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo organizou, xunto coa Obra Social “la Caixa” un Curso de técnicas de estudo para alumnado de 5º e 6º de primaria.
Este curso pretende orientar ao alumnado de primaria do Concello para que aproveiten dunha maneira máis eficiente as horas que lle adican ao estudo.
O pasado venres desenvolveuse en Vimianzo unha das sesións, destinada aos pais e nais do alumnado participante.
Na dita sesión participaron Manuel Antelo, alcalde do Concello de Vimianzo, Marta Rey, concelleira de Cultura de Vimianzo e Nieves Eirin, subdirectora da oficina de Caixabank na localidade.
Participarán máis de 20 alumnos e alumnas.