Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Normativa
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta benvida, para as familias con fillas e fillos nados ou adoptados/as no ano 2019 e se procede á súa convocatoria.(DOG nº 248 do 31/12/2018) BS403B
Obxecto
Concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2019 teñan un fillo/a, adopten ou sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos e para aquelas outras que, tendo obtido a axuda no ano 2018, experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito á ampliación.
A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida, a cal só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.
Persoas beneficiarias
1. Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nun dos seguintes supostos:
2. Tamén se poderán beneficiar da axuda as galegas e galegos e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2019.
3. Igualmente poderán beneficiarse da ampliación aquelas familias que obtiveran a axuda no ano 2018 e experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito á dita ampliación.
Requisitos
* Para a determinación da renda da unidade familiar, con carácter xeral sumaranse a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro da declaración da renda do último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude de subvención.
Entenderase por unidade familiar a formada pola/s persoa/s proxenitora/s e mais:
No suposto de non convivencia das dúas persoas proxenitoras se unha delas asume en solitario o sustento da unidade familiar (familias monoparentais segundo o disposto no artigo 13 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia), a renda da que non contribúe non será computada sempre que se acredite documentalmente a dita circunstancia.
Contía da axuda
Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla nado/a en 2018 durante o seu primeiro ano de vida a razón de 100 €/mes, que se farán efectivos do seguinte xeito:
Para aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 €, a axuda ampliarase no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena cumpra tres anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos, nas seguintes contías:
Esta ampliación farase efectiva en pagamentos anuais sucesivos co importe que corresponda ata o mes de decembro do exercicio en curso en función do mes de nacemento, ou do ditado da resolución de adopción ou garda con fins adoptivos do fillo ou filla polo/a cal se concedeu a axuda.
(A tarxeta solicítase unha vez e mantense nos anos sucesivos ata que o/a neno/a cumpra tres anos si se siguen cumprindo os requisitos, que se comproban de oficio pola administración)
A instrumentación da axuda efectuarase a través da entrega da tarxeta Benvida, que se expide a nome da persoa solicitante. A Consellería de Política Social remitirá as tarxetas ás familias coa carga inicial e con instrucións para a súa activación e informándoas das condicións de uso. A tarxeta só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.
Documentación
Solicitude (presencial ou en liña)
Cando se acheguen coa solicitude documentos en idioma distinto do galego ou castelán, deberá presentarse tamén a tradución dos ditos documentos para calquera destes dous idiomas.
Na solicitude (anexo I) deberá figurar, con carácter obrigatorio, un teléfono móbil para os efectos de activar a tarxeta Benvida. A activación será efectiva unicamente desde o número de móbil que se faga constar na solicitude.
5. No suposto das solicitudes presentadas por vía electrónica, deberase presentar unha copia dixitalizada dos documentos indicados nos puntos anteriores.
Lugar de presentación:
Prazo de presentación de solicitudes
Dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día do nacemento ou do día no que se ditou a resolución de adopción ou de garda con fins adoptivos.
No suposto de que a persoa solicitante sexa emigrante retornada a Galicia en 2019 e sempre que o fillo ou filla nacera con anterioridade ao seu regreso, este prazo de dous meses contarase a partir do día seguinte a aquel que conste na documentación que acredite fidedignamente a data de retorno a España. Así mesmo, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal da data que figure na dita documentación acreditativa.
Prazo de resolución: Tres meses | Sentido do silencio administrativo: Negativo
Procedemento de adhesión dos establecementos ao programa
Procedemento de adhesión ao programa Tarxeta benvida para a ampliación dos seus beneficios
Entidades adheridas