Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

04-01-2019

O Castelo de Vimianzo consolídase como un dos referentes turísticos da Costa da Morte

O Castelo de Vimianzo consolida a súa posición como un dos principais referentes turísticos da Costa da Morte.

Durante o ano 2018 recibiu un total de 37300 visitantes. Esta cifra supón duplicar practicamente o número de visitantes do ano 2013 e incrementar un 25% os visitantes do ano 2017.

O maior número de visitas concentrouse nos meses de xullo, agosto e setembro, con case a metade das visitas e unha media de máis de 6000 visitas mensuais.

As visitas guiadas son un dos principais reclamos da fortaleza vimiancesa. Estas visitas están adaptadas ao tipo de público, destacando as visitas de grupos escolares.

Ademais deste tipo de actividades o Castelo de Vimianzo foi, durante o pasado verán un dos centros culturais do concello, xa que nel se celebraron distintos espectáculos que tiveron unha enorme acollida por parte do público.

Con respecto aos Batáns do Mosquetín, conxunto etnográfico composto por muíños e batáns, nas visitas guiadas participaron case 2000 persoas. Hai que recordar que este conxunto etnográfico pode visitarse de maneira libre durante todo o ano.

Para o alcalde, Manuel Antelo, os números dos visitantes confirman a aposta do goberno municipal polo Castelo de Vimianzo.

Para Antelo os resultados positivos que achegan o Castelo de Vimianzo e os Batáns do Mosquetín non son froito da boa fortuna nin da improvisación, son o resultado do traballo e da aposta pola cultura e polo turismo de calidade por parte do Concello.

Con respecto ao Castelo móstrase enormemente ilusionado xa que a súa proxección se incrementará nos anos vindeiroscoa recuperación e a posta en valor da súa contorna. Recordemos que o Concello de Vimianzo ten previsto mellorar os accesos e a contorna da fortaleza coa creación dun parque público nos terreos lindeiros da mesma.

Estas melloras contribuirán dunha maneira fundamental ao crecemento das visitas no Castelo, á integración do monumento na vida da vila e ao desfrute, tanto do castelo como da súa contorna, por parte tanto das e dos visitantes coma das e dos vimianceses.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X