Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-12-2019

O Concello de Vimianzo recibe unha axuda de 146.160 € da Unión Europea a través do programa “Europa coa cidadanía”

  • Entre as 139 solicitudes presentadas a esta convocatoria, só foron aprobadas 16

  • O proxecto ten o título de “Acciónda cidadanía da UEpara pobos históricos intelixentes”

  • Países participantes:España,Italia, Croacia, Bélgica, Portugal, Bulgaria,Antigua República Yugoslava de Macedonia e Letonia.

  • Duración: 2 anos

O Concello de Vimianzo, na súa aposta pola posta en valor do seu patrimonio, impulsou este proxecto de ámbito europeo, buscando aliados noutros territorios rurais da UE para acadar os obxectivos que se definiron na candidatura aprobada.

O proxecto apóiase no patrimonio cultural material e inmaterial. Pretende crear unha rede europea de pobos históricos intelixentes que dea participación á cidadanía na vida socioeconómica, favoreza accións de compromiso social e defina estratexias de desenvolvemento local que conduzan ao crecemento rural intelixente, sostible e inclusivo na UEbaseadas na actividación do legado cultural.

Está previsto contar coa participación de 40 pequenos municipios rurais con menos de 10.000 habitantes.de 8 países diferentes (España, Italia, Croacia, Bélgica, Portugal, Bulgaria, Antiga República Yugoslava de Macedonia y Letonia), que pertencen ás catro áreas de Europa (este, oeste, norte e sur).

A duración do proxecto exténdese entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2020. Os grupos de traballo temáticos transnacionais levarán a cabo unha ampla gama de actividades de participación cidadán no marco da rede europea de pobos históricos intelixentes. A través desas accións desenvolverase un mapa coas mellores prácticas de iniciativas exitosas xurdidas das sinerxias entre a innovación social e o patrimonio cultural. Ademais, realizarase un seguimento das estratexias de desenvolvemento local baseadas nos valores e bens culturais, patrimoniais e históricos das áreas rurais. Despois de ser analizadas estas mellores prácticas, transferiranse á rede, co fin de idear estratexias de desenvolvemento conxunto e liñas de acción para os territorios da rede.

Finalmente, para garantir a continuidade da rede máis alá da vida útil do proxecto, elaborarase un plan de transferibilidade e sustentabilidade.

OBXECTIVOS

•Establecer, desenvolver e mellorar acooperación funcionalesostible entre as diferentes comunidades ruraiseuropeas, para unha mellor colaboración, participación e interaccióncara a novasruralidades da UE dondeopatrimonio cultural interactúa coa innovación social.

•Intercambiar boas prácticas, experienciasecoñecmentosecrear sinerxias conxuntas que conduzan a un crecemento intelixente, sostible e inclusivo das comunidades locais europeas, como aldeas históricas sostibles e intelixentes donde a participación dos cidadánsna definición das estratexias de desenvolvementolocalxega un papel crucial.

•Fomentar a cidadanía da UEe a súaparticipaciónna vida democrática europeaecara a valoración da vida cultural e histórica dassúas comunidades locaiseda súaEuropa común.

•Promoverocoñecemento, a concienciaea identificación das comunidades rurais europeas coa súahistoriaecultura, aumentandoeconsolidandoovalor social dopatrimonio cultural compartido, aotempo que involucraamaior cantidadeposible de cidadánsnosproxectos de revitalización depoboshistóricas.

•Promover a cidadanía europeaemellorar as condicións para a participación da poboación rural da UE, alentandoodebate da cidadaníasobreofuturo dos territorios rurais europeosea participación activana busca de solucións que garanten a sostibilidadedodesenvolvementorural.

•Mellorar a comprensióneaaprendizaxe mutuos sobre a diversidademulticulturalda UEepromover oportunidades paraocompromiso socialecultural.

As actividades e a rede do proxecto servirán como instrumento para canalizar a participación da cidadanía nas políticas locais e europeas, mediante o establecemento dunha ferramenta informática para a recompilación de opinións (foro virtual), sesións de debate da cidadanía, talleres, grupos focais, visitas de estudo, actividades informais interculturais. , etc. A través da súa participación, a cidadanía pode adquirir unha mellor comprensión da situación real das comunidades rurais europeas e os desafíos, pero tamén das políticas locais 3 europeas que lle afectan.

Contémplase a organización de 7 encontros transnacionais. O primeiro e o últimos están programados para realizarse en Vimianzo.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X