Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Obradoiros infantís
Xa está aberta a inscrición, gratuíta, na biblioteca municipal, para os obradoiros e talleres que se levaran a cabo durante decembro e xaneiro. Os nenos e nenas poden participar na videoconferencia con Papá Noel o 19 de decembro, destinada a escolares.
Festa co Apalpador e Cabalgata de Reis
O domingo 23 terá lugar a Festa de Nadal, con Xan Curiel e a entrega dos premios dos concursos.
Na mañá do luns 24 O Apalpador visitará ás cativas e cativos de Vimianzo.
O 29 de decembro Os Bolechas visitarán o auditorio de Vimianzo.
Festa infantil de Fin de ano, o 31 de decembro, con badaladas e uvas, onde disfrutarán dunha mañá de xogos, maquillaxe, inchables, música, disfraces… na Praza do Concello.
A Escola de música ofreceranos un concerto de Nadal no Auditorio da Casa da Cultura na tarde do 30 de decembro.
E unha das citas máis agardadas, a Cabalgata dos reis magos que percorrerá as 14 parroquias durante todo o día 5, coa conseguinte recepción real ás 20 horas, se o tempo o permite, na Praza do Concello.
Programa para adultos
Outra das citas marcadas na axenda vimiancesa e o Festival Solidario organizado pola Plataforma de asociacións de Vimianzo que terá lugar o domingo 16 de decembro, onde a recadación de entradas e rifas de agasallos doados por empresas e comercios locais, van destinados integramente a Cáritas Vimianzo e Cruz Vermella. Actuacións musicais de cantantes locais e humorísticas predominarán nesta xornada solidaria.
Duatlón
Para poñer o broche final a esta axenda cultural, unha das probas deportivas máis agardadas pola súa singularidade: O X Duatlón cross de Reis, que terá lugar o domingo 13 de xaneiro no lugar de Castromil.