Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo adquiriu un tractor e dous aparellos desbrozadores co obxectivo de destinalos á limpeza de camiños e fincas de propiedade municipal.
Estes novos equipamentos tiveron un custo total de 92565€ dos cales a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia achegou 85000€ froito dun convenio.
Para o alcalde, Manuel Antelo, este equipamento mellorará os servizos que se poden prestar dende o Concello, pois o tractor que había até o momento fora mercado no ano 2011 de segunda man. Estes novos equipamentos permitirán incrementar a limpeza das pistas, camiños e fincas de propiedade municipal coa conseguinte mellora do estado dos firmes e o incremento da seguridade da circulación ademais de contribuír á prevención de incendios.