Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Esta semana desenvolveuse unha xuntanza no concello de Vimianzo entre os técnicos deportivos e os alcaldes para facer unha valoración da V edición do Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte.
Asistiron os representantes políticos e técnicos deportivos dos concellos de Camariñas, Vimianzo, Mazaricos, Dumbría, Zas, Cee, Muxía, Carnota, Corcubión e Fisterra.
Con respecto aos datos de inscrición e participación foron moi positivos xa que ámbolos dous aumentaron con respecto a pasadas edicións.
Ademais valorouse con éxito a implantación da páxina web www.correndopolacostadamorte.com e da app.
Os alcaldes acordaron que o Circuíto 3K seguirá vinculado á AECC para a vindeira edición 2019. Tamén se informou que na edición 2018 a recadación para dita asociación ascende á cantidade de 6.604€.
Para finalizar decidiuse como data para a celebración da Gala o 14 de decembro no concello de Vimianzo.