Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-10-2018

Os concellos de Vimianzo e Laxe organizaron unha andaina polos Penedos de Pasarela e Traba

Os camiñantes chegados de Vimianzo e de Laxe xuntáronse na Escola de Pasarela. Alí, o alcalde de Vimianzo Manuel Antelo e o edil de Turismo Xosé Manuel Pose lembraron o deber incumprido da Xunta de Galicia de realizar un plan de protección e divulgación dos Penedos de Pasarela e Traba, asociado á súa declaración como Paisaxe Protexida en 2008. Deste xeito, por primeira vez os dous concellos uníronse para lanzar un programa de actividades conxuntas entre as que se atopa a andaina deste pasado sábado, un recital poético (sen data confirmada polo momento, tralo seu adiamento) e un concurso fotográfico con mil euros en premios para o que sigue aberto o prazo de inscrición e presentación de imaxes.

A ruta de sendeirismo foi novidosa en varios sentidos, por facela conxuntamente os Concellos de Vimianzo e Laxe, por subir aos tres picos dos Penedos na mesma ruta, e polos novos sendeiros abertos polo Concello de Vimianzo para camiñar desde Pasarela por vellos camiños de carro sen ir á pista principal. Deste xeito quedou aberto para todos os camiñantes un novo itinerario lineal que vai de Pasarela a Traba, sen saír do cordal montañoso dos Penedos, e que pode consultarse en Internet

A chegada á primeira zona de Penedos impresionou aos visitantes pola gran mole granítica do Barco, á que tamén lle chaman balea pola súa forma. A través de diferentes paneis colocados para a ocasión os visitantes puideron xogar coa súa imaxinación a ver nas rochas a Aguia, o Dromedario, o pato, o tiburón, o pallaso triste, o coello, a osa... Moitas figuras curiosas, entre as que chamou moito a atención a gran protagonista: a Esfinxe ou a Dama, unha rocha na que pode verse o perfil dunha muller con longos cabelos e ás. Formacións naturais que deixan paso a vistas panorámicas espectaculares como as do Val de Traba e a súa praia e lagoa desde a Torre da Moa, ou o cordal dos Penedos de Piñeo ou Braño e mesmo a vila de Muxía desde os Penedos de Pasarela.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X