Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

17-10-2018

Preséntase en Vimianzo un libro sobre Perfecto López

Presentouse en Vimianzo o libro Perfecto López. Un vimiancés na Galiza ideal, do investigador de Bamiro Xosé M. Rei Lema, editado pola Editorial Galaxia.
Neste volume faise un repaso da vida de Perfecto López, nado no lugar da Toxa, aínda que logo se traladou á Valiña. Fillo e neto de solteira, sen máis recursos económicos que os que obtiña traballando ao xornal, con 18 anos emigrou á Arxentina onde, a base de moito traballo e esforzo, conseguiu ser unha das grandes fortunas do sector automobilístico da capital porteña.
Perfecto López, o Tato da Valiña, nunca se esqueceu de Vimianzo, a onde viña nas súas asiduas viaxes a Galiza, e sempre mirou polos seus veciños nos dous lados do Atlántico, axudando a moitos emigrantes vimianceses cando chegaban á Arxentina acolléndoos na súa empresa.

Pero este libro descobre unha faceta pouco coñecida deste persoeiro, a súa implicación política e o seu apoio a todos aqueles que dende Galicia loitaban pola liberdade e a democracia.
Perfecto López aproveitaba as súas viaxes a Galicia para reunirse coas máis destacadas figuras da resistencia cultural antifranquista. En Galicia frecuenta a compaña de persoeiros como Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo, Fernández del Riego, etc. As súas viaxes servían para facer de correo entre os elementos galeguistas exiliados na Arxentina e os galeguistas que quedaran en Galicia.
Foi un dos fundadores da Editorial Galaxia e en Bos Aires colaborou con proxectos editoriais de Luís Seoane e foi o Tato quen puxo os cartos para a publicación dunha das obras máis significativas da literatura galega: A esmorga, de Blanco Amor; censurada na Galiza do franquismo.
En Bos Aires frecuentou o círculo que se fraguou en torno a Castelao. El foi un dos benefactores que contribuíron economicamente a estadía en Arxentina do rianxeiro e da súa dona. E mesmo foi quen levou dende aquí a terra galega que se lle botou a Castelao no cadaleito e un dos portadores do mesmo no enterro do galeguista.
Para o alcalde, Manuel Antelo, a edición desta obra é fundamental para dar a coñecer e rescatar do esquecemento a unha das figuras máis importantes do Vimianzo e da Galicia do século XX. É unha mostra de que Vimianzo non é pobo sen historia, senón que un veciño noso foi unha figura fundamental na loita antifranquista e nos movementos galeguistas da posguerra.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X