Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Ante o feito do asasinato de dous veciños de Vimianzo en Venezuela o Goberno do Concello quere mostrar a súa solidariedade coa familia e o seu rexeitamento a estes actos violentos.
As dúas personas asasinada tiñan previsto trasladar nun breve periodo de tempo a súa residencia de Venezuela a Vimianzo.
O Goberno municipal de Vimianzo mostra o seu pesar por estes falecementos e agarda que se investiguen adecuadamente.
En solidariedade coa familia convocouse unha concentración na Praza do Concello de Vimianzo o luns, día 8 de outubro ás 12:00 h.