Preténdese facilitar o acceso ao Muíño de Mareas en Cereixo, creando unha zona de estancia, sobre a Ría e a Illa de Forno do Sapo, poñendo en valor a súa contorna e potenciando a relación de Cereixo co mar, no fin da Ría do Porto. Materialízase como un paseo sostible e acorde coa contorna, que serve como itinerario relacionado co propio paseo de Cereixo, froito dunha intervención anterior, que xa conta con paneis de consulta e aprendizaxe, relacionados co mar e o medio ambiente.
Trátase dun espazo con interese natural, cultural e etnográfico que toma valor con esta intervención.