Concello de Vimianzo
4 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Alcaldía

Querida/o veciña/o:

Estás a ler o espazo web do Concello de Vimianzo, un portal en liña no que poderás consultar toda a información da actividade municipal que levamos a cabo diariamente. Temos a intención de estar máis preto de ti tamén neste espazo, e estamos á túa disposición para o que necesites. Tamén abertos a mellorar, como non, a comunicación contigo neste sentido.

Gustaríame que esta fose tamén unha ferramenta para achegar Vimianzo ás persoas que teñen aquí seu corazón pero que viven na diáspora. Para que estivesen un pouquiño máis preto do seu fogar e para que estén informadas e informados da actualidade da que sinten como a súa casa.

Comezamos a nosa andaina hai catro anos e renovamos a confianza da veciñanza para continuar traballando na nosa acción de goberno. A conexión a través da rede é un elemento fundamental para lograr maior inmediatez de resposta á veciñanza e gañar inmediatez en canto a divulgación e acceso aos servizos.

Polos seus contidos, a web municipal é tamén un portal de información para os visitantes e todas aquelas persoas que se acheguen a Vimianzo para descubrir os nosos segredos, que son moitos. A través da mesma, o usuario pode coñecer o noso patrimonio histórico, turístico e cultural e acceder a recomendacións sobre a nosa gastronomía e comercio.

Tamén se accede ao noso potencial económico e industrial. Coñecer a nosa gandería, e o seu esforzo modernizador e consultar as vantaxes de instalarse no Parque Industrial ou de integrarse no pequeno comercio local, tecido económico que se presenta como un dos nosos piares a nivel social.

Traballamos día a día por ser máis transparentes, máis próxim@s e útiles para o usuario. Agardamos a túa visita e os teus comentarios, que nos farán sen dúbida estar máis preto de ti.

É unha honra ser a alcaldesa de Vimianzo, e como tal, quedo a disposición de todas e todos vós.

Un saúdo,
Mónica Rodríguez Ordóñez
Alcaldesa de Vimianzo

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Compartimos o noso concello
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X