Segundo o disposto no artigo
4.b) da Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público, existe a obriga por parte do provedor que presta servizos a calquera Administración Pública, de presentar facturas a través do Punto Xeral de Entrada que corresponda (plataforma FACe
https://face.gob.es/es/) a partir do 15 de xaneiro de 2015. (BOE
http://boe.es/boe/dias/2013/12/28/pdfs/BOE-A-2013-13722.pdf)
Considerando que o artigo 5 da Orde HAP/492/2014, do 27 de marzo, pola que se regulan os requisitos funcionais e técnicos do rexistro contable de facturas das entidades de ámbito de aplicación da Lei 25/2013 xa citada, establece que nas facturas consten, entre outros requisitos, os seguintes códigos que se lle facilitan para a correcta remisión das facturas a este Concello:
TIPO | CODIGO DIR3 | DEPARTAMENTO |
ÓRGANO XESTOR | LA0004320 | ALCALDÍA |
OFICINA CONTABLE | LA0004321 | SERVIZOS ECONÓMICOS |
UNIDADE TRAMITADORA | LA0004321 | SERVIZOS ECONÓMICOS |
Para presentación telemática da factura deberá dispoñer dun certificado dixital válido emitido por calquera das entidades de certificación reconocidas.
Aplicacións para xerar a E-factura
Neste apartado indicamos algunhas aplicacións gratuítas que lle permitirán elaborar as facturas electrónicas dunha maneira cómoda e sinxela:
Ligazóns