A Casa da Cultura dispón dun magnífico auditorio polivalente con aforo para 420 persoas, unha sala de exposicións de 150m2, unha sala de conferencias para 60 persoas, así como todo o necesario para organizar dende un pequeno seminario ata un grande acontecemento.
Na planta baixa está o Departamento de Cultura que organiza neste espazo unha programación anual intensa e variada nos ámbitos da música, teatro, congresos, exposicións e conferencias.
Servizos que ofrece a Casa da Cultura:
- Planta sótano:- Planta baixa:- Oficinas departamento cultura
- Sala de exposicións
- Auditorio
- Planta primeira:- Telecentro/ Aula CeMIT
- Biblioteca:
- Servizo préstamo
- Sala de lectura
- Sala de lectura infantil
- Planta segunda:- Sala multiusos
- Biblioteca: sala de lectura especializada