Análise do Sector Primario
Vimianzo toca o mar en dous puntos, un entre Laxe e Camariñas, e outro entre Camariñas e Muxía. Polo tanto, a actividade pesqueira, practicamente, non é apreciable neste municipio. Porén, gozan de importancia os terreos forestais e os dedicados a pasto.
Existen 744 explotacións de vacún, 177 de ovino, 2 granxas de porcino, 3 piscifactorías, unha granxa de polos e outra de avestruces.
Explotacións | Núm. Explotacións | Núm. Reprodutoras |
Vacún | 349 | 4.938* |
Ovino | 142 | 1169 |
Porco | 2 | 300 |
Avicultura-Galiña | 1 | 15000 |
Avicultura-Avestruz | 1 | 30 |
Apicultura | 14 (todos autoconsumo) | 200 Colmeas |
Piscicultura (Troita) | 2 | - |
Fonte: Servizo de Sanidade Animal (Xunta de Galicia, ano 2011 e * Anuario Estadística Agraria, ano 2005). |
Os cadros que figuran a continuación expresan as principais superficies e cultivos de Vimianzo en Ha.:
Superficie Total | S.A.U | Sup. Cul. | Prados e Patizais |
18693 | 3938 | 3111 | 855 |
Trigo | Centeo | Maíz | Pataca | Forraxes | Hortalizas | Froitas |
25 | 42 | 1535 | 275 | 970 | 121 | 5 |
Fonte: Instituto Galego Estadística, ano 1999.
Forestal Desarborizado | Forestal Arborizado | Outras Zonas | Sup. Concello | Forestal Total | SAU/ Sup. Total | F. Arb/ Sup. Total | F. Arb/ Sup. Total |
1.065 | 11.556 | 2.251 | 18.754 | 12.621 | 21% | 67% | 92% |
Está amplamente implantada en todo o municipio a gandería de vacún, existindo no 2002 un total de 744 explotacións, das cales considéranse viables 204, potencialmente viables 106 e non viables 434. Nestas granxas hai 10.111 reprodutoras, 3.617 novillas e 5.627 becerros.
O terreo forestal, que ocupa uns dous terzos do territorio, produce madeira principalmente de eucalipto e piñeiro, sendo a explicación do asentamento de 7 aserradeiros.
En canto á minería, destaca a explotación de caolín en Castrelo, que exerce a empresa CAVISA.
Análise do Sector Secundario
O estudo realizado pola Deputación Provincial da Coruña con motivo da elaboración do Plan Estatéxico da provincia da Coruña 2007-2013 califica a Vimianzo como “significativo” baixo o punto de vista de presenza empresarial. Indica ademais, que forma parte do grupo de municipios, idóneo a priori, para aplicar os esforzos de promoción con maior garantía de resposta.
O seguinte gráfico reflicte a distrubución das 1.048 altas que figuran no Censo de IAE de 2010, por grandes grupos, referidas a Vimianzo.
Segundo datos da Seguridade Social de decembro de 2010, das 2.614 persoas afiliadas en Vimianzo, encádranse na Construción 612 e en Industria 442.
Os datos son os seguintes:
Total persoas afiliadas | 2.614 |
Agricultura e pesca | 347 |
Industria | 442 |
Construción | 612 |
Servizos | 1.213 |
En canto ao número de empresas, segundo a mesma fonte, das 681 que hai en Vimianzo, desenvolven actividade industrial 81 e 210 de construción. Os datos son os seguintes:
Total de empresas de Vimianzo | 681 |
Industria | 81 |
Construción | 210 |
Servizos | 390 |
É relevante o peso de empresas relacionadas coa construción, algunhas delas figuran no ranking de Ardan.
Tamén merece a nosa atención, a producción de enerxía eléctrica. As augas do río Grande abastecen as centrais de O Foxo, Gayoso e Carantoña. Existe tamén unha central de enerxía termoeléctrica e un parque de xeneradores eólicos inaugurado en 2002, xunto con dous xeneradores de titularidade municipal.
Outro subsector destacable é o da industria téxtil, dado o elevado número de empregos que crea. Pero sufriu un notable descenso nos últimos anos. De 18 que había en 2003 agora quedan 8. Tamén existe unha fábrica de artigos de pel dedicada á exportación.
A artesanía do encaixe está fortemente arraigada no municipio, calculándose que unhas 500 mulleres se dedican a tempo completo ou parcial a esta actividade. Nembargantes, non xenera o suficiente valor engadido como para sacala da economía somerxida. É importante o papel que desenvolven unha comercializadora e o asociacionismo apoiado na Mostra de Artesanía do Castelo de Vimianzo, para que este legado non se perda.
Análise do Sector Terciario
A vocación comercial de Vimianzo constátase no elevado número de licenzas no apartado de comercio. O número de establecementos está en proceso de crecemento.
En canto á hostalería, hai na capital do municipio 7 hostais e destaca a restauración, sendo Vimianzo un lugar de referencia na zona. A centralidade en Terra de Soneira é a explicación do asentamento de numerosos profesionais.
Servizos | Total |
Servizos varios | 132 |
Servizos relacionados coa construción | 79 |
Servizos de transporte | 50 |
Servizos de alugueiros varios | 69 |
Comercio maioristas e retallistas varios | 249 |
Comercio de alimentación | 24 |
Ensinanza varios | 11 |
Profesionais varios | 57 |
Actividades relacionadas coa sanidade e at. a persoas | 24 |
Turismo e hosteleria | 26 |
Total
| 971 |