Concello de Vimianzo
13 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Tratamento de residuos

Xestión de residuos

Os residuos e a súa xestión son unha das grandes preocupacións da sociedade na que vivimos.

Dada a dobre condición da produción de residuos coma unha forma de contaminación e como un despilfarro de recursos, faise necesario aplicar co máximo rigor o principio de prevención nas políticas de xestión de residuos.

Así a Comisión sobre a Revisión da Estratexia Comunitaria para a Xestión de Residuos (Bruselas 30/7/96 COM (96) 399 final) concreta estes principios de prevención nuns sinxelos criterios de traballo:

  • Diminuír a magnitude do problema na orixe.
  • Intentar recuperar os materiais que os mesmos conteñen.
  • Valorización dos residuos como materias primas.
  • Dar a cada tipo de residuo o seu destino óptimo co fin de preservar o medio ambiente.
  • Regular a manipulación e o tratamento.
Para a aplicación a nivel local destes principios hai que ter en conta que cada vila debe funcionar coma un sistema equilibrado e continuado a través do tempo. Para iso débense aplicar Criterios de Sostibilidade na súa xestión.

Nos Criterios de Sostibilidade fíxanse as directrices de actuación sostible municipal. Son principios de referencia que establecen o escenario idóneo a alcanzar por toda sociedade sostible.

Como criterios de sostibilidade básicos en materia de residuos do noso concello definimos os siguintes:
  • Uso eficiente dos Recursos Naturais: aumentar o uso dos recursos contínuos, non superar o ritmo de renovación dos recursos renovables e ir substituíndo progresivamente os non-renovables.
  • Non superación da capacidade de carga nin da capacidade de rexeneración do medio: minimizar os niveis de contaminación e a cantidade de residuos, así coma garantir a súa xestión adecuada.
  • Valoración e protección da biodiversidade.
  • Uso sostible do solo: o espazo urbano non pode medrar á conta da degradación do solo, posto que o solo é un recurso finito.
O Concello de Vimianzo quere dar prioridade a xestión dos residuos sólidos urbanos, dentro dunha política de mellora da calidade e sostibilidade, para o medio ambinete e para todos os cidadáns.

Que é a recollida selectiva?

É a correcta clasificación dos residuos dende os fogares, para que poidan ser reciclados ou tratados adecuadamente.

Para colaborar na recollida selectiva debes separar no teu fogar os envases lixeiros (bricks, latas e plástico), papel e cartón, vidro, pilas e o resto dos residuos que non se poidan reciclar.

Despois debes depositar os diferentes materiais nos colectores específicos que atoparás nas rúas.

A recollida selectiva é un labor enormemente beneficiosa para o medio ambiente, pois evita que toneladas de residuos recuperables vaian parar aos vertedoiros.

Co sistema da recollida selectiva os beneficios son moitos: redución da contaminación, aforro de enerxía e materias primas, eliminación de vertedoiros, mellora do benestar e a saúde.

Por iso é importante o uso correcto dos colectores.

E COS RESIDUOS... R QUE R
  • Reducir: ou o que é o mesmo, facer un consumo responsable. Aquí empeza a solución ao problema dos residuos. Trátase de evitar comprar produtos con envoltorios innecesarios e consumir produtos duradeiros, fabricados con materiais que se reciclen facilmente.
  • Reutilizar: ou volver usar de novo un produto. Pódense reparar as cousas que se estropearon, ou ceder obxectos que xa non queiras a persoas que poidan darlles utilidade.
  • Reciclar: permite introducir os distintos materiais nos ciclos de produción, aforrando materias primas e enerxía. Se se fai unha correcta redución, recollida selectiva e reciclaxe, a fracción de materiais non reciclables pode ser do 10 %. Unha vez tratados, lévanse a un depósito controlado, que nada ten que ver cun vertedoiro tradicional.

Colectores para a recollida selectiva de residuos

Atopará unha información máis detalla con respecto a este apartado no arquivo que se acompaña "Boas prácticas: recollida selectiva".

Ligazóns

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X