A partir do 1 de xaneiro de 2021 poderáse renovar a demanda de emprego das seguintes formas:
- Empregando o teu PIN de 4 díxitos no portal https://emprego.xunta.gal/portal/gl/renovacion-pin ou mediante unha chamada telefónica ao número 012 (981 900 643).
- A través da Oficina virtual do Portal de Emprego de Galicia (emprego.xunta.gal), á que pode acceder co seu certificado dixital, DNI-e ou solicitando o usuario e contrasinal nunha oficina de emprego.
- Desde o teu teléfono móbil a través da aplicación Mobem, dispoñible para Android e iOS.
- Nos Puntos de información dos concellos ou das oficinas de emprego, mediante a impresión dactilar ou PIN. O concello de Vimianzo conta con un PUNTO DE INFORMACIÓN. A localización dos Puntos de Información pódese consultar no teléfono 012 ou no Portal de Emprego de Galicia.
Para o caso de que necesite unha atención presencial, deberá solicitar unha cita previa na súa oficina de emprego da Xunta de Galicia, no seguinte enlace do portal: https://emprego.xunta.es/citaprevia
RENOVACIÓN NUN PUNTO DE INFORMACIÓN
Para poder renovar a demanda a través dun punto de información, o primeiro que debes facer é acudir a túa
Oficina de Emprego e solicitar que rexistren a túa pegada dactilar e así darte de alta no sistema. Unha vez feito este rexistro, poderás renovar a túa demanda nas datas sinaladas no teu DARDE en calquera dos puntos de información distribuídos pola comunidade autónoma.
Ligazóns