O
Departamento de Cultura está situado nas oficinas da planta baixa da Casa da Cultura e ofrece unha variada programación formativa e lúdico-cultural ao longo de todo o ano. Os principais programas que se desenvolven na programación anual son Escolas Culturais, Nadal Cultural, Entroido,Verán Cultural, Exposicións, certames e concursos.
No Auditorio da
Casa da Cultura, o departamento elabora e coordina unha programación anual intensa e variada nos ámbitos da música, teatro, congresos, exposicións e conferencias.
A Biblioteca acolle regularmente actividades dirixidas aos máis pequenos e destaca o programa de animación á lectura e contacontos.
Nos Centros Culturais das parroquias desenvólvense actividades culturais municipais así como outras en colaboración coas asociacións.
Para recibir información, achégate ao Departamento de Cultura da Casa da Cultura. Tamén poderás consultar: