As principais funcións que ten encomendadas a Policía Local están recollidas na
Lei 2/86 de forzas e corpos de seguridade, na Lei 7/85 reguladora das bases de réxime local e na 1/92 de protección de seguridade cidadá.
Unha das funcións máis importantes dun concello
é a de resolver os problemas derivados do tráfico viario, o medio ambiente, a seguridade cidadá, os conflitos privados e as situacións de risco ou emerxencia. A solución destes problemas canalízase a través da Policía Local que ten entre as súas funcións, as seguintes:
- Velar polo cumprimento das ordenanzas, bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
- Patrulla a prevención para posible práctica de dilixencias.
- Ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no núcleo urbano.
- Vixiar e protexer os pasos de peóns, nomeadamente nas saídas e entradas aos recintos escolares.
- Instruír os atestados correspondentes aos accidentes de tráfico ocorridos dentro do termo municipal.
- Prestar auxilio en caso de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando nas tarefas de Protección Civil.
- Previr a comisión de actos delituosos, mediante unha efectiva vixilancia das rúas, prazas e lugares do concello.
- Cooperar na resolución de conflitos privados cando sexa requirida para isto.
- Vixiar e custodiar os edificios e instalacións municipais.
- Realizar informes de convivencia, de solicitudes de pasaxe permanente (vaos) e ocupación da vía pública, localización e precinto de vehículos, actividades industriais, etcétera.
- Especial atención os casos de vítimas de violencia de xénero, e seguimento integral (mediante sistema VIOGEN) en colaboración coa Garda Civil.
- Auxiliar a Policía Xudicial.
Os medios móbiles con que conta son dous coches patrulla e máis unha motocicleta, a maiores dos medios municipais propios, dispón de dous vehículos cedidos pola Dirección Xeral de Trafico (compartidos co resto de concellos asinantes do convenio de colaboración) para labores de controis de velocidade (equipo radar) e controis de alcoholemia (equipo etilómetro).