Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Os perfís ou páxinas que o Concello de Vimianzo habilite nas redes sociais están abertos a todas e todos os internautas.
Todas as persoas poderán consultar e comentar a información que se ofreza mediante os ditos perfis ou páxinas.
O Concello de Vimianzo comprométese a atender coa maior dilixencia e brevidade posíbel as achegas, comentarios, dúbidas, etc, que as usuarias e usuarios das redes sociais nos fagan chegar.
As usuarias e usuarios deberán, en todo momento, respectar a dignidade das persoas, absterse de realizar comentarios ofensivos e de utilizar expresións soeces ou de mal gusto. Do mesmo xeito non poderán molestar, intimidar nin acosar a ningunha usuaria ou usuario, non poderán publicar contido que resulte ferinte, intimidatorio, pornográfico ou que conteña violencia verbal ou gráfica.
Non se poderán utilizar os perfís do Concello de Vimianzo nas redes sociais para obter un beneficio comercial, publicar comunicacións comerciais non autorizadas ou participar en márketing multinivel ilegal.
Non se poderán utilizar os perfís do Concello de Vimianzo nas redes sociais para difundir código malintencionado nin virus de ningún tipo.
Non se poderán utilizar os perfís do Concello de Vimianzo para desenvolver calquera acción que infrinxa ou viole os dereitos de calquera persoa ou a lei de calquera maneira.
As persoas administradoras dos perfís nas redes sociais do Concello de Vimianzo poderán eliminar calquera comentario, publicación ou bloquear a calquera usuaria ou usuario que non se axuste ao dito con anterioridade. Tamén poderán denunciar diante das persoas administradoras da rede social concreta ou diante das autoridades pertinentes os comentarios ou actitudes que non se axusten aos termos do servizo das mesmas.