O
escudo de Vimianzo foi aprobado polo Decreto 299/1994, de 30 de setembro, da Consellería de Xustiza Interior e Relacións Laborais, dispoñéndose a seguinte organización:
“de azur, e sobre ondas de azur e prata, un castelo de prata acompañado de cabeza de lobo da súa cor, linguada e sangrada de gules. Ao timbre coroa real”.Esta disposición está baseada na importancia do castelo na abundancia de cursos de auga que, a través do río Grande, chegan ao mar e na historia vinculada aos Condes de Altamira.