Nesta sección accederán, as persoas interesadas, aos pregos de cláusulas administrativas e prescripcións técnicas que rexiren calquera procedemento de contratación pública convocada polo Concello.
Os ditos pregos establecen a adxudicación dos contratos administrativos típicos, os especiais e incluso os contratos privados desta administración municipal.
Ademais, poderán consultar as contratacións programadas para os próximos meses, os contratos adxudicados e o estado de tramitación no que se atopen e información xeral sobre a área de contración e a lei de contratos do sector público.
Neste perfil do contratante, publicaranse as adxudicacións provisionais e os prazos establecidos (mínimo quince días hábiles) para achegar determinada documentación ou, no seu caso, para presentar o recurso especial de revisión en materia de contratación.
Licitacións posteriores á entrada en vigor da Lei 9/2017, de 8 de novembro de contratos do sector público (09/03/2018)
CONTRATOS MENORES: para consultar os CONTRATOS MENORES, deberá desplegar o cadro "Procedemento", seleccionar a opción de "CONTRATOS MENORES" e pulsar o botón de "Buscar".
Licitacións anteriores á entrada en vigor da Lei 9/2017, de 8 de novembro de contratos do sector público (09/03/2018)
Esa información réxese polo Artigo 42 da nova Lei de Contratos do Sector Público.