Que é un telecentro ou Aula CeMIT?É un espazo que ofrece un servizo público e gratuíto para todos os cidadáns no ámbito das novas tecnoloxías da comunicación, o cal forma parte da Rede CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica).
Esta rede está financiada pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos onde se sitúan e foi creada para coordinar as actuacións das distintas aulas públicas de acceso á Internet dependentes da Comunidade para favorecer a alfabetización dixital e o desenvolvemento da sociedade da información.
Actualmente, a Red CeMIT de Galicia dispón de varias aulas nas diferentes provincias de Galicia.
Cales son os seus obxectivos?- Ser un espazo aberto de comunicación entre o concello e os cidadáns
- Familiarizar á cidadanía coas novas canles e soportes audiovisuais de comunicación
- Facilitar o acceso público á Internet como medio de comunicación
- Alfabetizar dixitalmente aos grupos máis afastados do desenvolvemento e implantación das novas tecnoloxías
- Mellorar a formación profesional dos profesionais do sector audiovisual e multimedia ...
Para que serve?As Aulas CeMIT pódense utilizar para realizar:
- Cursos formativos e relatorios
- Teleformación
- Roldas de prensa
- Videoconferencias/multiconferencias, reunións de traballo, ...
- Visionado de audiovisuais
- Edición e creación de material multimedia e/ou audiovisual
Quen a pode utilizar?A cidadanía en xeral, colectivos, asociacións, ...
Onde podo consultar os cursos de informática que se organizan en Vimianzo?Na páxina do CeMIT están rexistrados todos os cursos de informática que organizan as distintas aulas que pertecen á rede. En concreto, poderá consultar os de Vimianzo na
páxina do CeMIT ou directamente na propia páxina do Concello de Vimianzo, apartado de
PROMOCIÓN ECONÓMICA -> FORMACIÓN.
Horario e contactos