A promoción económica de Vimianzo é un aspecto clave para loitar contra o desemprego. Sen empresas non hai postos de traballo, por iso as actuacións desta área están dirixidas a poñer todos os medios que temos á nosa disposición para favorecer o asentamento de empresas, consolidar a pervivencia e crecemento das que xa existen en fomentar o xurdimento de novas iniciativas. O apoio técnico atende ás distintas fases polas que pasa a vida dunha empresa:
- Xestación
- Creación
- Lanzamento
- Consolidación
As áreas da empresa que son atendidas nestas fases son as seguintes:
- Planificación estratéxica. Plan de empresa.
- Direción e xerencia
- Comercial e marketing
- Xestión de recursos humanos
- Produción
- Xestión económico-financeira
- Apoio na solicitude de subvencións