Concello de Vimianzo
21 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Idade Moderna

Idade Moderna

  • Pazo de Trasauteiro
  • Pazo de Castromil
  • Torres do Allo
  • Pazo de Trasariz

Idade Moderna

Como xa dixemos, dende finais da Idade Media ao primeiro terzo do século XIX o castelo dos Moscoso de Altamira de Vimianzo exerceu o goberno desta extensa xurisdición de Vimianzo, que dominaba a maior parte da vella Somnaria ou Sonaria medieval (do Pico de Meda ao cabo Vilán e ría de Camariñas; do último tramo do río Anllóns e ría de Laxe ao tramo medio do río Xallas).

Os condes de Altamira xa non residían en Galicia: coma outros moitos membros da nobreza galega pasaron a residir na Corte desde principios do século XVI e tan só aparecían de cando en cando polos seus “estados”. Aquí tiñan os seus apoderados ou meiriños, administradores da xustiza señorial e cobradores das rendas forais. Ás veces os señores volven en determinadas ocasións para organizaren partidas populares obrigadas a defender (ante o completo desamparo do Estado) a desprotexida Costa da Morte dos frecuentes ataques corsarios ou de navíos de guerra das escuadras inglesa, francesa ou holandesa. Moitos destes ataques sorpresivos e devastadores tiveron graves consecuencias para as igrexas das parroquias de beiramar: sirva como exemplo o roubo dos obxectos de culto nas freguesías de Laxe e Serantes a raíz do ataque, en 1747, de dezaseis navíos ingleses.

A frecuencia de ataques piratas á desprotexida Costa da Morte vai dar lugar a que, por fin, especialmente a partir da segunda metade do século XVIII, o Goberno español considere máis seriamente a necesidade de dotar a esta zona de elementos de defensa. Os enxeñeiros militares ao servizo dos Borbóns, seguindo os desexos do Marqués de la Ensenada, inician a construción entre 1740 e 1767 dunha serie de baterías de defensa das pequenas vilas da Costa da Morte.

A xurisdición do castelo de Vimianzo fixo que nesta zona se concentrase unha parte moi importante da nobreza galega, polo que hoxe en día contamos cun destacado patrimonio histórico daquela época que pode ser visitado polo viaxeiro:

Ruta da nobreza por terras de Vimianzo

  • Parroquia de Vimianzo: Castelo de Vimianzo, pazo de Trasariz, pazo de Trasouteiro, casa da Gándara, Casa da Condesa (A Toxa), Casa de Vista Alegre (Casais).
  • Parroquia de Cambeda: Casa do Seixo en Ogas de Abaixo, casa en Ogas de Arriba, Casa do Fiador de Paizás, Casa de Basilio en Castiñeira.
  • Parroquia de Castrelo: Casa Grande de Vilaseco.
  • Parroquia de Calo: Casa do Fidalgo.
  • Parroquia de Carantoña: pazo de Carantoña (en ruinas), Casa da Cova.
  • Parroquia de Carnés: Casa de Penaoubiña en Montecelos.
  • Parroquia de Cereixo: torres de Cereixo, Villa Purificación e outras casas que constituíron a vivenda de verán de moitos nobles.
  • Parroquia de Berdoias: Casa de Lema de Berdoias, pazo de Boallo.
  • Parroquia de Serramo: torres de Comareiro.
  • Parroquia de Treos: casa brasonada en Sandrexo, capela de San Xosé (pertencente ao desaparecido pazo de Xora), Casa de Osende en Treos, Casa dos Calzada en Quintáns.
  • Parroquia de Tines. Casa de Rego.
  • Parroquia de Bamiro: casa en O Ceán.
  • Parroquia de Salto: pazo de Castromil, dúas casas brasonadas en Señoráns.
Tamén cabe destacar o paso das tropas napoleónicas en 1809 por algunha destas illadas parroquias: acampan na Gándara e fan sentir a súa presenza en Vilar, Salto e Cambeda. Convén lembrar que as partidas populares se xuntaran en Paizás, un lugar de Cambeda. Nesta zona as operacións prolónganse dende febreiro ata maio de 1809, sendo os dirixentes os sacerdotes D. Pedro Lapido, cura de Morquintián (Muxía) e D. Juan Pizpieiro, do Ézaro (Dumbría).

En Soneira a escasa burocracia está nas mans dos mesmos que controlan a terra, a fidalguía, pequeno sector que domina á gran masa popular, estreitamente emparentado co clero comarcal e que apenas coñece o estado nobre.

A ocupación maioritaria era a agricultura, á que se dedicaba máis ou menos o 80% da poboación.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X