Concello de Vimianzo
21 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Romanización

Romanización

  • Necrópole de Tines
  • Muíño

Hai autores que supoñen que Brandomil (Zas) foi a sede da mansión Grandimirum da vía 20 do Itinerario IV de Antonino, lugar de onde partiría un ramal desa calzada na dirección norte pasando por Tines.

Tines é un importante enclave histórico, a xulgar polos camiños que o percorreron na antigüidade (o que viña de Zas e Vilar con dirección a Vimianzo, e o procedente de Baíñas con dirección a Baio) e polos restos arqueolóxicos atopados no adro da igrexa e nos terreos lindeiros. En 1951 o investigador Manuel Chamoso Lamas descubriu unha necrópole suevo-romana con enterros que datan dende o século I ó VIII d.C. Os achádegos desvelan tamén a existencia dunha villa romana con catro salas. Aquí foi atopada a Estela Funeraria de Victorinus, que se expón no museo do castelo de San Antón da Coruña e que parece ser un dos primeiros testemuños epigráficos cristiáns.
No adro da igrexa poden verse tres sarcófagos de pedra. Tamén se conserva un elemento semellante na contorna da igrexa de Salto.

Ao parecer a maior parte dos enterramentos da importante necrópole de Tines son da época sueva. Chamoso Lamas cualificou este filón arqueolóxico como o máis importante descubrimento de restos da cultura bárbara en Galicia, dada a abundancia de sarcófagos e lápidas.

Por outra parte nos penedos de Traba, que lindan con Pasarela, ademais da mitoloxía sobre as súas caprichosas formas, algúns situaron as Aras Sextiarras, altares romanos para sacrificios rituais

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X