Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O concello de Vimianzo pretende levar a cabo a execución do proxecto de Pavimentación do viario de Salto a Reboredo, que ascende a un importe total de 78.966,00 €.
En concreto, preténdense executar a obra de Pavimentación do viario de Salto a Reboredo, co fin de levar a cabo o mantemento deste camiño municipal, tanto do firme como das súas marxes (limpeza e perfilación de noiros e cunetas) e reforzos dos terrapléns.
Para o cofinanciamento desta actuación así como do control de calidade de execución da mesma obtívose unha axuda ao abeiro da Orde da Axencia Galega de desenvolvemento rural, do 28 de febreiro de 2024 pola que aproba o Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (DOG núm.44 do 3 de marzo de 2023), código de procedemento MR701E.