Do 30-10-2024 ao 30-10-2024
O Concello de Vimianzo presentou un novidoso programa de apoio á nutrición organizado conxuntamente entre o Concello e o Centro de Saúde vimiancés.
Esta iniciativa pon o foco en cuestións de alimentación saudable e, para chegar ao maior número de veciños e veciñas posible, percorrerá as 14 parroquias do municipio.
O calendario é o seguinte:
• Cambeda. 23 de febreiro. De 10:00 a 11:00 horas na escola.
• Berdoias. 23 de febreiro. De 11:30 a 12:30 horas na escola.
• Castrelo. 1 de marzo. De 10:00 a 11:00 horas na escola.
• Baíñas. 1 de marzo. De 11:30 a 12:30 horas no centro cultural.
• Serramo. 15 de marzo. De 10:00 a 11:00 horas no local veciñal.
• Treos. 15 de marzo. De 11:30 a 12:30 horas na escola.
• Tines. 22 de marzo. De 10:00 a 11:00 horas na escola.
• Bamiro. 22 de marzo. De 11:30 a 12:30 horas na escola.
• Salto. 5 de abril. De 10:00 a 11:00 horas no salón parroquial de Castromil.
• Vimianzo. 5 de abril. De 11:30 a 12:30 horas na sala de conferencias da Casa da Cultura.
• Calo. 12 de abril. De 10:00 a 11:00 horas na escola da Pasarela.
• Carantoña. 12 de abril. De 11:30 a 12:30 horas na escola.
• Cereixo. 19 de abril. De 10:00 a 11:00 horas na escola do Vilar.
• Carnés. 19 de abril. De 11:30 a 12:30 horas no centro cultural.