Mirador Ría de Cereixo. Interpretación do Mar, é un proxecto que recibiu o apoio da Unión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e Acuicultura (FEMPA) e da Xunta de Galicia, obtendo unha subvención de 93.724,91€, financiada nun 70% polo FEMPA e nun 30% pola Xunta de Galicia. A través do proxecto O Mirador, o Concello de Vimianzo quere poñer en marcha unha serie de actuacións encamiñadas a posta en valor, dende o punto de vista ambiental e patrimonial, da Ría de Cereixo e a súa contorna, orientadas a promover unha cultura marítimo-pesqueira viva.