Nesta actividade realizaremos unha andaina circular de 4,4 km con saída e chegada na Praza do Concello.
Guiados polo noso veciño David Roget e por membros do Colectivo a Rula, visitaremos o Petróglifo de Somontemío, a Cruz do Loureiro e os Petróglifos do Prado da Cruz.
A luz dos focos permitiranos apreciar os gravados con todo luxo de detalles.