O Concello de Vimianzo é beneficiario dunha subvención convocada polo Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) a entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020 (convocatoria regulada por R.D. 616/2017, de 16 de xuño de 2017, R.D. 1516/2018, de 28 de decembro de 2018, R.D.316/2019, de 26 de abril e R.D. 1185/2020, de 29 de decembro) de conformidade ao seguinte:
- Proxecto: Renovación do alumeado público exterior do concello de Vimianzo.
- Finalidade: mellorar a eficiencia enerxética e a instalación de alumeado exterior e cumprir coas disposicións legais de aplicación.
- Obxectivo específico: OE 431. Eficiencia enerxética na edificación e nas infraestruturas e servizos públicos.
- Medida: 6. Renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior.
- Instalación: alumeado público de Vimianzo, existente en cada un dos núcleos de poboación do municipio de Vimianzo.
- Inversión total admitida: 2.362.368,46 €
- Axuda (80 % cofinanción FEDER): 1.889.894,76 €
- Indicadores/Valores indicador: C034 (tCO2eq/año) / 250,13
E001Z (ktep/año) / 0,0413