O Concello de Vimianzo asinou un convenio coa Deputación provincial da Coruña (57/2022, de 13/07/2022) para cofinanciar as seguintes obras:
- Proxecto: Mellora da capa de rodaxe e da seguridade viaria da estrada que vai dende a DP-1603 ata o límite do concello de Muxía.
- Orzamento: 143.461, 45 euros.
- Achega provincial: 114.769,16 euros (80 %).
- Finalidade: mellora da capa de rodaxe e da seguridade viaria da estrada que vai dende a DP1603 entre os lugares de Tufións e Porto de Cereixo ata o límite do concello con Muxía (l=1.520 m.), cara Ponte do Lago.
Para iso levaranse a cabo as seguintes actuacións:
- Limpeza de cunetas.
- Apertura de caixa para acadar unha anchura uniforme de 5,5 m. e posterior recheo mediante 25 cm. de zahorra e 15 cm. de grava.
- Estendido dunha capa de 6 cm. de aglomerado en quente a toda a calzada (anchura 5,5 m.), previo bacheo (10%) con grava e rega semiprofunda.
- 152 m de cuneta de seguridade no interior das curvas máis pechadas.
- 68 m. de barreira de seguridade.
- Pintado das liñas de bordo e isletas.
- Instalación dunha sinal de STOP.