Rosalía deu en chamarlles “viúvas dos vivos” ás mulleres que quedaron ao cargo das súas casas e das súas familias durante os anos máis duros da emigración. Foron elas as que tiveron que asumir os dous roles, feminino e masculino, encargándose da crianza e dos coidados, do fogar e do traballo na terra. E foron elas as que co seu esforzo e sen ningún tipo de recoñecemento, sacaron adiante a toda unha xeración. Pero, tamén foron elas as que colleron a maleta na procura desa ansiada estabilidade e porvir das súas familias, deixando fogar e fillos.
Dito popular
"panilleira que panillas
no cordon da almohada
dime ti panilleiriña
a quen tes palabra dada"
Rosalía de Castro
Este baixe e aquel vaise
e todos, todos se van;
Galicia sen homes quedas
que te poidan traballar.
Tes en cambio, orfos e orfas,
tes campos de soidade,
e nais que non teñen fillos,
e fillos que non teñen país.
E tes corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
Viúdas de vivos e mortos
que ninguén consolará
Evaristo Martelo Paumán Del Nero
Na terra donde nacimos
as penas non doen tanto,
nin son as covas tan soas;
que están os avós debaixo.
Ou fillos de Bergantiños
que estades aló no mar,
para os poucos que volvedes,
cantos se quedan alá!
Ligazóns