O obxecto do proxecto consiste na adecuación da instalación da climatización do auditorio da casa de cultura de Vimianzo co fin de evitar perdas de enerxía cara as zonas altas da caixa escénica, facéndose máis confortable a estancia do inmoble. Para iso, instálanse novos climatizadores aire-auga que crearán unha barreira térmica e obrigarán á circulación do aire cara o patio de butacas, acadando, polo tanto, unha instalación enerxeticamente máis eficiente, que garanta as condicións de confort dos usuarios e se adapte ás normativas vixentes.
Para o cofinanciamento desta actuación obtívose unha axuda da Axencia Galega das Industrias Culturais, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ao abeiro da Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do regulamento (UE) 2021/241.
Custo do proxecto de subvención: 47.239,29 €
Axuda concedida: 20.007,19 €
.