Concello de Vimianzo
23 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

O río

O río

Da outra banda, Señor, vexo este verde
e terras de ben dar
e un regato con vimbios de ouro vello
e un pombal de mensaxeiras
e un anxo que esfolla as espigas do millo
cabo dun hórreo de cen pés.
Sei que nunca cruzarei ese río
que para min murmura o laio dun adeus.
Ficarei nas ruínas do muíño
coa foula branqueando a xanela dos ollos.
Eis esa soberbia que chamarei destino.
Pero eu fun dos teus, Señor.
Quizais aínda gardes recordo daquel outro
que brincaba as roseiras tras o son da campá
e creu ter escrito para ti o poema do pan.
Pai Noso, pois, que estás nos ceos,
en memoria daquel que eu fun,
dille ao río Grande que toque
outra vez ese blues.


(Aínda que non aparezca o seu nome de forma explícita, este poema está adicado ós batáns de Mosquetín, e de feito na edición da obra aparece unha ilustración do lugar).


(MANUEL RIVAS, Costa da Morte Blues; 1995)

As terras de Vimianzo foron motivo de inspiración para diversos escritores, que souberon encontrar nestas paraxes a esencia literaria dun pobo cunha inxente bagaxe cultural e histórica. Autores de diferentes épocas situaron a súa obra nas terras vimiancesas.

A continuación preséntanse algunhas citas literarias nas que aparece Vimianzo, xa sexa como trasfondo espacial ou ben como tema principal.
Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X